Ruta Pedra da Auga-Guitiriz

 

 

Preparados para disfrutar do Seguinte día de Saída, esta vez ímonos a Guitiriz.

Realizaremos un tramo da ruta da Pedra da Auga, saindo dende a Carballeira de Parga.

Será unha distancia de 9 Km e  moi plana. A comida realizarase na área recreativa dos 7 Muiños de Guitiriz e poderemos comer de prato xa que temos mesa e bancos portátiles.

Para os que non saian do Hipercor, poderémonos encontrar ás 11:00 na área de servicio de Guitiriz na Autovía A6 sentido Coruña-Madrid que está no Km535.

Pedra da Auga_Guitiriz

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

 

 

0 comentarios

  1. Hola! Sisca, Ana con sus canes: Soto y Cuscús (nuevo en el grupo) s´apuntan; y para que nadie nos lo pise! Llevarémos gazpacho y ensaladilla rusa. Je, je ; )

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *