O fin de semana do 17,18 e 19 de Xaneiro celebrarase o curso de Educación canina que o Centro de Conducta Animal impartirá en colaboración con Só lles falta falar.O Domingo 19, formando parte da actividade do curso, realizarase unha saída polo entorno da Casa da Urcela en Ponteareas.
http://www.casadaurcela.com/
Dirección: O Cribeiro, 66 – Cristiñade
36863 – Ponteareas (Pontevedra)
https://www.facebook.com/casadaurcela/page_map
Polo que , aproveitando o curso poderemos realizar a saída do Domingo en compaña dos asistentes ó mesmo.
O punto de reunión será a propia casa Rural, para os que vaian dende Santiago tede en conta que a saída será ás 10:30 na casa rural. Podedes usar os comentarios para organizar a saída dende Santiago
Ademais servirannos a comida na Casa rural da Urcela, o prezo por persoa son 10 €.
Os que queden a comer deberán confirmalo antes do Xoves 16 de Xaneiro para que o do catering teña unha previsión.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:30 casa rural Urcela
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 17 de Agosto.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

Ademais de asistir ó curso. Noa, Seville e Pablo recorrerán Ponteareas.
Bico asistirá ó curso e percorrerá Ponteareas co Argo, seu Primo Zumosol.
There is a lot of similar projects that involve the exact laws you mentioned below. I will continue researching on the topic.