Saída Razo-Caión

O próximo domingo 5 de maio volveremos a visitar a costa de Razo-Caión. Faremos unha ruta que terá unha lonxitude duns 9 Km aproximadamente. Os primeiros 4 km serán todos pola praia de Razo-Baldaio e o resto ata chegar a Caión será por sendeiros e pistas sempre pegadiños ó mar. Comeremos no merendeiro de Caión con vistas á praia.

Deixámosvos unhas fotos da anterior Saída ás praias de Razo e Caión para que vos animedes!!!

Ver as fotos en Flickr

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
    • 11:20 Aparcamento da praia de Razo.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 3 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

  1. Iremos Carmen y chop, también se apunta un invitado (si no hay problema, claro) Roberto y uno de sus perros, todavía no sabemos cual de ellos.

  2. Trust tamén irá para levar a Brais, Alfonso e como non á NAI Begoña (no seu día). As fotos do ano pasado animan aínda máis. Encargade bo tempo 😉

    1. Xa sabes, que sólamente Canarias conserva el clima primaveral , pero na Laracha tamén toman boa nota e está garantizado.

  3. Eu conto con poder ir, excepto algunha celebración na que me reteñan polo día…se me deixan libre vou ao parkin de Razo as 11.20, con DUNA (aínda mais deseosa de ir que eu, pola de asistencia que se prevé)

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *