Ola a todos!
Para comezar ben o ano este domingo día 27 de Xaneiro iremos ata a praia.
Iremos a percorrer a praia das Furnas en Xuño, pasearemos a praia ida e volta e xa que para ese día a marea baixa é para ás 10:32 teremos moito sitio para que os cans estean a gusto. No caso de que o tempo non acompañe buscaremos unha ruta alternativa. Atoparémonos no merendeiro da praia de Río Sierra e dende alí iremos xa todos xuntos.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
- 10:45 Merendeiro praia Río Sierra.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 25 de Xeneiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
9 Responses