Saída Costa da Egoa -Carral-

Xa temos programada a seguinte saída do club. O próximo domingo 14 de Outubro realizaremos a ruta circular da Costa da Egoa en  Carral.

 

Esta é unha ruta circular de aproximadamente 8 km. A dificultade é baixa así que animádevos! Esta ruta está marcada cunha duración aproximada de 3h, como vedes é accesible para todo o mundo e máis que recomendable para os socios da Coruña pois quédalles a un paso da casa!.

 

Na ruta pasaremos por unha zona de muíños impresionante, ademais hai tres alternativas para facer a ruta así que se alguén xa a coñece pode que descubra novas paraxes.

Atención ó cambio da hora da saída, que é ás 10 da mañá!

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Servizo de furgoneta:
    • Hai dispoñibles 8 prazas, apuntádevos nos comentarios.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 12 de Outubro.

 O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

0 comentarios

  1. Sairemos ás 10:00 de Santiago polo que, estaremos en Carral sobre pouco antes das 11:00.
    Quedamos na casa rural Costa da Egoa que está 3 – 4 Km mái adiante de Carral sentido Santiago. Subindo Herves collese un desvio á dereita.

  2. Kira e Apu van con Miguel e Laura. Se hai sitio vamos na furgoneta, pero senon vamos no coche que non hai problema.
    E a primeira ruta que imos, e non sabemos como vai o tema da comida.
    Como se fai?

  3. Linda, Tiina e Pinto querian ir sos, pero como non saben do sitio levan a Mane, María e Anxo, que tampouco saben do sitio, e por iso levan a Linda, Tina e PInto.

  4. Hola,
    por equivocacion me he llevado un salero… (Es el mismo que tengo yo, de plastico azul/transparente) – lo traigo a la proxima salida..

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *