Xornadas discapacidades Concello de Santiago.

O concello de Santiago de Compostela e varias entidades que traballan en pro da normalización e a integración social das persoas con discapacidade organizan o próximo 9 de xuño unha xornada lúdica coa finalidade de promover a normalización da discapacidade na sociedade, garantir a igualdade de oportunidades e lograr a súa participación na sociedade.

Nesta xornada, todos e todas (mozos, maiores, profesionais, voluntarios, usuarios, etc.) poderemos gozar de diferentes actividades, participando conxuntamente. Realizaranse competicións deportivas e talleres, así como exhibicións e actuacións. Así mesmo, preténdese que sexa unha xornada de portas abertas coa intención de promover a participación de toda a cidadanía nas actividades.
Por un lado, levaranse a cabo partidos de fútbol e baloncesto e diferentes talleres de manualidades e expresión artística, nos que se poderá participar libremente. Ademais, haberá actuacións e exhibicións de diversa índole.

O Club de Cans de familia participará nesta xornada  a partires das 12:30hrs.

Tolos aqueles que vos queirades acercar , pasádevos pola explanada de Salgueiriños (onde se fai a feira ).

O horario da xornada será de 10:30 a 17:00hrs.

Saúdos.

1 Response

  1. Pablo Freire
    NOTA: O CONCELLO CAMBIOU O LUGAR DA ACTIVIDADE DA MOVILIDADE URBANA DO SABADO PARA O RECINTO DE AMIO. Pablo Freire Nogareda Secretario.

Leave a comment

*