Saída domingo 10-05-2026 – Saída ecolóxica

Saída Ecoloxica


A comunidade de montes “Deira Pedroso”, (ca que temos convenio para usalo seu monte para o restrexo cos nosos cans), pidennos axuda para facer unha batida de verquidos, para atopar, limpar e marcar vertedoiros incontrolados no seu monte.

A comunidade proporcionaranos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plasticos, latas, botellas… que atopemos na nosa andaina. Haberá membros da xunta directiva da comunidade veciñal acompañarannos, e asistirannos con un chimpin para non andar cargando nos.

O club propon unha saida de domingo polas pistas desta comunidade veciñal, seria ruta circular polas pistas albiscando posibles verquidos, o tempo estimado e de 2 horas (poderia alongarse un pouco).

O remate a comunidade de montes agasallaranos con unha grellada, bebidas, empanadas, etc… que se fará no terreo adxunto o local do clube.

É preciso confirmar o total das persoas que van a ir ,para darlles tempo a preparalo, as persoas que teñan algun tipo de intolerancia alimentaria poden comentalo.

  1. Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  2. Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  3. Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 8 de maio antes das 15:00

5 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *