Boas,
Lamentablemente non puidemos programar unha saída para este último mes do ano.
O obxectivo do club para o vindeiro ano, se as condicións sanitarias o permiten, é intentar realizar dúas saídas mensuais a partir do mes de febreiro.
Sentimos non ter podido avisarvos antes, pero tiñamos esperanzas de poder facer unha última saída neste ano que remata.
Pola contra este mes teremos un segundo curso de rastro, en breves publicamos os detalles.
Moitas grazas pola vosa comprensión.
