Roteiro Pereiro de Sales – Vedra

Este domingo 10 de Outubro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é Pereiro de Sales no Concello de Vedra.

O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de case 9 km.

No seguinte enlace hai máis información sobre a ruta. O punto de inicio aclararase nos comentarios xa que no é exactamente o que aparece no wikiloc.

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-vedra-pereiro-sales-76872387

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o  venres 8 de outubro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.

16 comentarios

  1. Os de Carral iremos ao Hipercor con moitas gañas de vervos. Non sabemos aínda se 3 ou 4. A dúbida é cunha humana, os cans van os 2 ;-D

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *