Este domingo 8 de agosto teremos roteiro polo Monte do Pedroso en Santiago de Compostela.
O roteiro ten unha lonxitude duns 8 km. e de dificultade baixa/media. No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o percorrido.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-pedroso-5295884

Para os que non vaian para o Hipercor, o punto de inicio da ruta será na área recreativa do Pedroso, accédese pola estrada que vai ás antenas, a que non ten saída, e tamén será o lugar donde xantaremos.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 6 de agosto.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en https://cans.gal.

Aldo e Noa van. Esperamos no Hipercor.
Bos días! En principio, os Sotocús irán…
Milka, LuiLui, Molosa e Katia van ao punto de inicio.🐕
Ares e mais o chofer casi seguro que unos.
Raquel e Pepa van a punto de inicio e levarán os sobriños se non chove moito
Javier e Ragnar imos. Saímos o punto de inicio
As ancians, Lupa e Rosa, vos irán facer unha visita á hora de comer, pero teño unha dúbida, ¿comerase no merendeiro do Pedroso ou no asador do Pedroso?
Rosa , còmese no merendeiro, que é o punto de inicio.Donde estàn as mesas e as parrillas.
Drogon, Ernes e Majo, iremos ó punto de inicio.
Hyrule vai. Imos ao Hipercor.
Suizos, terranova, invitado labrador y demás familia vamos al inicio