Saída Senda fluvial Río Mera_O Pino

Este domingo 4 de novembro iremos ao Concello do Pino a facer a ruta da Senda Fluvial do río Mera e río Tambre.

O percorrido será duns 10 km de distancia e de dificultade baixa-media.

Sairemos do muiño da Pena e o punto para xantar será na praia fluvial da Tarroeira. Nos seguintes enlaces pódese ver máis información sobre a ruta e o punto de xantar.

http://www.santiagoturismo.com/senderos/senda-fluvial-botanica-del-rio-mera

http://www.santiagoturismo.com/praias-proximas/playa-fluvial-de-a-tarroeira

rio mera

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 2 de novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.

15 comentarios

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *