Saída Donas-Sucira (Boqueixón)

Pois despois de tantas semanas de inactividade, regresamos para desconectar e disfrutar dun día no monte. Será este domingo 5 de xullo.

O lugar escollido é Bóqueixón, en contreto o roteiro de Donas-Sucira.

A ruta é de dificultade media e dunha distancia de 10km.

Recordar que debemos manter unha distancia de seguridade de 1,5 mts e nalgún momento, se non é posible, utilizaremos a mascarilla.

Comerenos nunha área recreativa na zona. No lugar hai mesas pero para garantir unha distancia levaremos algunhas mesas máis.

No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o roteiro.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-donas-subcira-9699816

Área Recreativa de Sucira

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 3 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en https://cans.gal.

 

18 comentarios

  1. Bos dias. Si non hai novidade asistiremos. Unha pregunta ¿A comida que se leve, será para compartir, ou cada quen consumirá a sua? , digo isto por levar a cantidade oportuna polo tema do virus este. Gracias

  2. Podemos levar comida para compartir pero que sexa fácil de partir de porcións individuais. Tampouco podemos compartir cubertos ou cucharóns para servir a comida.

  3. Jade, Rita y Marisa iremos a la caminata pero no compartiremos mesa ni comida, llevaré mi tupper o bocata y comeré a distancia prudencial. Vamos al punto de inicio, área recreativa de Sucira, verdad?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *