Roteiro Petroglifos de Teo

Este domingo 15 de setembro irémonos ao Concello de Teo a facer unha ruta chamada dos Petroglifos de Teo.

O roteiro será duns 11 km de distancia e de dificultade media. Teremos río nunha parte do percorrido e deixaremos auga noutra parte para que refrixeren os cans.

No seguinte enlace poderás ver máis información sobre o traxecto:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/petroglifos-de-teo-2155218

petroglifos de Teo

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 13 de setembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.

 

18 comentarios

  1. Na última saída que fixemos ao Pedrouso quedoume un coitelo de filo liso e mango negro con remaches de aceiro da marca Arcos. Non sei se alguén o recolleu. Grazas. Dora.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *