Roteiro Brión – Viceso

Este domingo 10 de marzo moverémonos entre o Concello de Rois e o de Brión.

Saíremos da praia fluvial cerca de Urdilde e faremos un recorrido pasando pola aldea de Pousada e parte do Río Tambre.

Roteiro Brión -Viceso

O percorrido é duns 10 km e de dificultade fácil. No seguinte enlace do Wikiloc pódese ver máis información, ainda que aparece algún km de máis ao ser un track de test.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/test-ruta-slff-brion-viceso-playa-fluvial-32982133

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 9 de marzo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en www.cans.gal.

16 comentarios

  1. Van Lúa e Fis comigo, Mari, e levo a outros dous rapaces (17 e 14 anos). Levo coche e iremos até Hipercor. Esta vez non quedaremos a comer.

  2. Gustaríame ir, pero non é seguro. De ir sairía para a Praia flvial de Niñans, tratando de calcular que poderia ser as 10.30. E non quedaria a comer

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *