Saída Área Recreativa San Mamede

Este domingo 22 de abril desprazarémonos ao Concello de Lousame para percorrer os entornos da área recreativa de San Mamede.

O percorrido será cortiño duns 8km de distancia e de dificultade baixa.

Ruta San Mamede

Non seguinte enlace podes ver máis información sobre o roteiro:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/area-recreativa-san-mamede-15293987

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 20 de abril.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

29 comentarios

  1. Dama, Rubio e Luna apuntan se.

    Para vir desde Santiago, collemos a c550 , despois no hotel scala collemos a variante que nos leva a saida da ap9, na rotonda colleremos hacia AG11( a autovia do barbanza )unha vez estemos na autovia do Barbanza temos que coller a saida 19 da mesma, para logo tomar na rotonda a 1° saida e logo no cruce da c550 coller a esquerda, seguiremos pola c550 hasta ver un cruce a dereita que vai para o Confurco, Noia ,Lousame. Unha vez pasado o cruce que pon San Finx e sen desviarnos, a 2 km veremos a nosa esquerda o indicador da area recreativa ( tamen pon Campo de Tiro) despois seguir hasta o final da pista e xa veremos o Parking que e o punto de inicio.
    O ano pasado, de Santiago o gps indicaralles ir por Noia, e tuveron problemas para chegar, creo que e maís fácil e rapido por padron.

    1. Mimá!!!
      Mellor Noia, Tállara, e xa chejamos.
      E se non, salida Sampaio e pola de Roberto a Tállara.
      Calquera destas dúas é mellor.
      Se fai falta espero eu na rotonda de San Paio.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *