Saída Caión – Baldaio

O próximo domingo 4 de marzo iremos á costa do Concello da Laracha. Faremos un recorrido de ida e volta Caión – Baldaio.

O primeiro tramo dende Caión ata a praia da Arnela discorre por unha pista de grava ancha, a cal é apta para tódolos públicos, a segunda parte dende a praia da Arnela a Baldaio vai por un carreiro estreito ao longo da costa.Todo aquel que non poida facer o segundo tramo, pode facer o primeiro e esperar a que o grupo veña de volta para regresar xuntos a Caión.

Ao regreso xantaremos na área recreativa que está enriba da Praia das Salseiras en Caión.

Caión_A Laracha

O roteiro ten unha distancia de 11 km e de dificultade baixa.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 2 de marzo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

22 comentarios

  1. Gala vai e leva de invitados a Gisela, familia e Marshal. Gustaríame saber as indicacións de onde se queda alá, para que vaian directamente e non facerlles vir ata Compostela. O mellor están postas e eu non vín nada…
    Qué rico lacón con grelos!! Bravooooo!!!

  2. Boas tardes, Gala leva salada de froita para o postre. Anxo Genma e Gala vamos ir directamente a Caiòn. Gisela é família tamen saem Ali. Así non teñen que ir a Compostela. Ata mañá!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *