Qué facer cando atopas un can ?
Queres ser de axuda cando se atopa un can ?
Qué se debe facer para que a túa axuda sexa realmente eficaz.
Pasos a seguir:
1º Chama á Policía Local
En tódolos concellos hai un servicio permanente de atención á cidadanía.
2º Chama á Policía Local
3º Chama á Policía Local
4º Unha vez que xa estamos en contacto debemos dar a seguinte información:
- Se temos collido o can ou se so o vimos
- Descripción física do can
5º Segue as instruccións que che dean
6º Agora si, se queres, podes publicalo nas redes sociais
Qué pasa se non segues estes pasos ?
Ainda que a túa intención sexa boa, provocas, entre outros, estos problemas:
- No caso dos cans que son queridos e buscados, retrasas que volva coa súa familia porque o primeiro que facemos cando perdemos un can é chamar á Policía Local, se ti o atopas e chamas, nuns minutos pódese establecer o contacto.
Este sistema é universal, as redes sociais están limitadas ao teu círculo.
- Cando ‘Só lles falta falar’ está axudando cos rastrexadores a atopar un can, necesitamos avisos directos e rápidos sobre a ubicación donde foi visto, estamos en contacto telefónico directo ca familia do can e cos servicios municipais, se o aviso non é directo, tarda demasiado tempo en chegar a nós e á xente que o está buscando activa e directamente.
- Se colles un can e non das aviso á autoridade, estás cometendo un delito, estás roubando. A familia do can pódeche poñer unha denuncia por roubo e unha demanda por danos.
- Dende o momento que recolles un can e non das aviso, es o responsable civil dos accidentes que ocasione o can.
Qué facer cando perdes un can ?
1º Chama á Policía Local
- Indica o lugar
- Da a descripción do can
2º Se estás fóra da zona urbana e hai risco de que o can deambule por estradas e autoestradas, da o aviso á Garda Civil.
3º Chama a canceiras e refuxios de animais.
4º Agora, podes publicalo nas redes sociais e buscar axuda de amigos e persoas que poidan atopalo.
