Saída Bálsoma – Santiago

Este domingo 28 de xaneiro, como seguimos sen neve iremos á zona de Bálsoma na zona de Chaián (Santigo).

A ruta é duns 11 km de lonxitude de dificultade media e será Ruta circular.

Ruta Bálsoma_Santiago

Podedes encontrar máis información sobre o roteiro no seguinte enlace do Wikiloc:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-norte-santiago-5206106

Adelantamos tamén as datas das próximas saídas:

  • 18 febreiro: Serra de Candás (Forcarei)
  • 4 marzo : Caión / Baldaio, ida e volta (Laracha-Carballo)
  • 18 marzo : Pena da auga nas brañas do Xestoso (Silleda)

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 26 de xaneiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

30 comentarios

  1. David, Marta y Jordee vamos.
    Al inicio de la ruta hay una pequeña iglesia (Ermida San Silvestre) y una guarderia. El punto de inicio en el wikiloc no es correcto. OJO

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *