Neste último trimestre do 2017 e dentro das actividades dos Orzamentos Participativos deste ano, ‘Só lles falta falar’ comeza coas súas actividades.
Aulas de Eduación Canina:
Tódolos martes ás 17:00 teremos Aulas de Eduación Canina no Parque Eugenio Granell (Paxonal-ao lado do río) para os veciños de Santiago de forma gratuita.Faranse 4 edicións de 4 aulas cada unha donde poderás asistir co teu can e tamén os membros da familia que desexes.Inscríbete en [email protected]
Charlas en Parques:
Aparte das aulas, tódolos venres (excepto o 8 de decembro) ás 20:00hrs impartiranse unhas charlas informativas en diversos parques de Santiago, non fai falla inscripción, só asisitir.A finalidade de todo isto é seguir formando aos propietarios de cans e na promoción dunha tenza responsable para alcanzar unha boa convivencia entre todos.
As charlas terán os seguintes contidos:
- Manexo e comprensión dos cans
- Como evitar conflitos e como actuar se se da o caso
- Como introducir un can no grupo
- Resolución de tódalas dúbidas e preguntas dos asistentes


