O Concello de Santiago abreu o prazo de voto dos Orzamentos Participativos de Mocidade para o 2018.
Como no 2016 e neste 2017 ‘Só lles falta falar’ presenta a súa proposta que consiste no seguinte:
- Aulas de educación canina
- Charlas e ponencias sobre tenza responsable, normativa e coidados veterinarios
- Visitas aos centros escolares
Por isto pedimos o teu apoio para ser uns dos escollidos e seguir realizando estas actividades no 2018. Sólo necesitas de 5′ para rexistrarte e votar.
Os requisitos para votar as propostas de mocidade son os seguintes:
- Estar enpadroado en Santiago de Compostela ou
estudar en Santiago, en Instituto ou na Universidade. - Ter entre 16 e 35 anos
Como se fai? :
- Entra en decide.santiagodecompostela.gal
- Rexístrate. Se xa estabas rexistrado do ano pasado, entra o teu nome de usuario e contrasinal. Se non o recordas os datos envía un correo a [email protected] co teu nome e dni e eles enviaranche o teu nome de usuario para que poidas crear un contrasinal novo.
- Entra na proposta que desexes apoiar e pincha en “apoiar proposta”
O prazo para dar o apoio remata o luns 31 de xullo ás 23:59

Grazas ao teu apoio poderemos seguir demostrando que:
‘Outro modelo de convivencia é posible’

Neste enlace poderás ler a proposta completa:
