O próximo domingo 11 de xuño ímonos de ruta por terras de Brión, Rois e Teo.
A ruta, que é circular duns 10km e practicamente cha, comeza nunha pequena área recreativa (onde podemos xantar) preto do Pazo do Faramello e a aldea Angueira de Castro. Pasaremos a carón do río Tinto e camiñaremos un anaco do camiño de Santiago portugués ata a carballeira do Faramello ( onde hai un magnífico cruceiro gótico) Pasaremos pola ponte que cruza o río Tinto (Ponte de Moros ou de Paradela), de feitura romana, probablemente construído na Idade Media.
Subiremos a un pequeno monte con fermosas vistas do Val da Mahía (non é moita subida) Dende alí á carballeira de Santa Arandel e de volta pola aldea de Xinzo e Angueira de Castro ( unha aldea preciosa! sen feísmo!)

Sobre o Castro: ( que desgraciadamente non se pode ver, xa que está sen rozar e non se pode chegar )
… conta a lenda xacobea medieval que era aquí onde tiña a sua residencia a Raiña Lupa cando os discípulos do Apóstolo Santiago trouxeron a enterrar os seus restos a Galicia. Hoxe en día pode verse dentro do recinto do castro, capital da tribo dos Amaeos, restos de muros, a maior parte posiblemente medievais, entre os que destacamos unha construción rectangular de case 70 metros de longo por uns 40 de ancho. Recentemente foi declarado Ben de Interese Cultural.
Podedes encontrar máis información no seguinte enlace: https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5700632Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 9 de xuño.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

Vou ca Molosa e Krus. Soamente faremos un anaquiño da ruta debido á idade mailo lombo… logo vos esperaremos no merendero. Levarei ensalada de pasta e algo máis…
Vou con Bico directo ao punto de inicio da ruta. Se alguen precisa a ubicación do inicio, que me mande un WhatsApp!
Para comer, creo que levamos uns hojaldres de salmón.
Ola, Pepa branca e servidora tamén imos. Nós, desta volta, non quedaremos a comer.
London & Bruce se apuntan. Aún no se que llevaré de comida pero un postre seguro que va! 🙂
Ola! Ana vai con Cuscús e Soto directos ó punto de inicio. Nos tampouco quedaremos a xantar 😉
Hola. Dama Rubí e luna tomen van
Bo día!!!. Tarko mais eu vamos e levaremos a Fran. Iremos directamente ao punto de inicio.
Fusco e Luz van e levaremos algún experimento doce
Milka y compañia irán el domingo. Llevaremos algo con pulpo y tapenade.
Pepa vai, llevaremos algo para compartir
Troya y yo nos apuntamos!
Marta, Baro y Bubu también van. Iremos al punto de inicio de la ruta.
Marta y Jordee van.
Riku , irá a brindar . Llevaremos algo de comer e decir o de sempre
Sally me llevará a tomar un baño;-)
Uf me quivoque de entrada