Ruta por San Mamede_Lousame

Este Domingo 4 de Decembro despedímonos do ano índonos ao Concello de Lousame para percorrer a zona de San Mamede nunha ruta semi circular.Ruta cortesía dos nosos amigos Daniel e Toñi que prepararon esta actividade.

ruta-san-mamede_lousame

O percorrido ten unha lonxitude de 7,35 km e é de dificultade baixa.No seguinte enlace podes encontrar máis información da mesma.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15293987

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 2 de decembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

19 comentarios

    1. Ola Mariola, depende donde teñas o posto de traballo. É posible que rematemos a ruta sobre as 14:00 pero non che podo asegurar.Se dende rematar a ruta e estar no posto de traballo necesitas menos de 1 hora é posible.

  1. Dama e Rubio, como non pode ser doutro xeito, apuntanse.
    Para os que veñan dende Santiago, N-550 hasta Padrón, despois coller a Autovia do Barbanza dirección Ribeira, collemos a salida 19 Taragoña (Rianxo), na rotonda collemos a primeira saida, iremos dar a AC-305 donde colleremos a esquerda dirección Boiro, seguimos hasta pasar a ponte do río beluso, a una 400m pasando esta ponte collemos a DP-1104 dirección Noia – Lousame, seguimos hasta unha pista deportiva, no que hai un cruce que indica Lousame \ San finx pero nos debemos seguir dirección Noia pola DP-1104, e a una 500m +- veremos a nosa esquerda una pista asfaltada, na que esta indicado Área Recreativa San Mamede, seguimolo hasta o final da pista e xa vemos o parking. No enlace de wikiloc que puxo Pablo, pinchando na primeira foto podemos ver as coordenadas da área recreativa.

  2. Perdón, olvidouseme poñer para os que viñan por Noia. Gracias Anu.
    Como ben di Ana, na rotonda que hai xunto o hotel Scala, vindo pola n-550 santiago-padron, collemos a tercera saida da rotonda, e levanos hasta a entrada a autovia do barbanza sin tocar Padrón para nada, a variante deixanos nunha rotonda na que debemos coller a segunda salida, e xa entramos na autovia hasta a saida 19 Taragoña (rianxo).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *