Sube as tuas fotos e así vémolas todos!

Ola a todos, como xa vos informamos temos unha galería para que os socios poñamos as fotos persoais das saídas. A galería está aloxada en Flickr e podedes acceder pinchando la foto de INSTANTÁNEAS que está na parte dereita do blog.

A idea é que os que desexen subir fotos pidan o usuario e clave de Flickr e suba as fotos á conta común do club.

Xa se poden subir fotos de tódalas resolucións aínda que se recomenda 1600 (A ferramenta de Flickr faino automaticamente). En canto ós contidos das fotos non haberá filtros (máis alá dos que xa impón Flickr debido a temas legais e éticos) o que recomendo é que antes de subir fotos pensedes que as van ver non só os socios senón tamén calquera persoa que teña interese no club. A vocación desta galería é que sexa algo dinámico e queremos que sexan os propios socios os que a manteñan viva así que animádevos a subir fotos.


AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA GUÍA  EN VÍDEO PARA SUBILAS FOTOS DENDE O VOSO ORDENADOR

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=i-QYJuyYxDs&feature=player_embedded]

No Comments Yet.

Leave a comment

*