Normas para as saídas

Ola a todos, aproveitando que este mes teremos varias saídas queremos recordarvos que para que todo vaia sobre rodas temos que manter uns mínimos de organización. A continuación tedes un pequeno recopilatorio de recomendacións que para os que levades tempo no club xa coñecedes e para os máis novos veredes como seguindo estas pequenas directrices conseguimos que as saídas sexan sempre un éxito.

SOBRE A SAÍDA:

- Quedamos no punto de saída en Santiago, os que queiran ir en furgoneta teñen que avisar con antelación.
- Ao chegar ao lugar da ruta vemos o tema de "loxística" (onde deixar os coches) que normalmente será no punto de chegada.
- As camiñatas adoitan ser de 8-12 kilómetros e a idea é facer a ruta antes de xantar, polo que para o camiño é aconsellable levar auga e algo de picar.
- Para xantar levamos todos un pouco de algo (UN POUCO), para compartir (si se quere, evidentemente).
- Se hai tempo e ganas dáse outra voltiña pola zona despois de xantar, ou senón, simplemente pasamos a sobremesa de parola.


- Cada un marcha cando o desexe, salvo os que veñan en furgoneta que marcharán todos xuntos, evidentemente.
- Organizámonos en cada saída a través do blog: http://sollesfaltafalar.wordpress.com


SOBRE OS CANS:

- Sabemos que os nosos cans son bos e están socializados, pero cada un ten que facerse responsable do seu. Aproveitade estas saídas para aprender das nosas mascotas e tamén uns dos outros.
- NON se debe de dar de comer aos cans cando están todos xuntos. Inda que poida parecer o contrario, pode crearse un conflito e orixinar unha pelexa. Inda que nós non o notemos, os cans vanse marcando uns a outros durante o día.
- Se queres darlle de comer ao teu can, busca un lugar afastado da manada, así comprobaredes que non hai ningún problema.

SOBRE NÓS:

- Levade roupa cómoda e deportiva: tenis, chandal, botas de monte...Se chove roupa de auga, se fai calor sombreiro, crema protectora, auga.... o que a lóxica vos dite.
- Se a ruta é moi longa para algún non deixedes de vir por iso, búscanse opcións para a xente que non a poida facer completa, pero avisade e atoparemos seguro unha solución.

E SOBRE TODO:

- Disfrutade da saída, da paisaxe, da compañía, dos vosos cans...porque a experiencia sempre é única!

Un saúdo a todos.

2 Responses

  1. mamen
    prfecto lo de las normas, ahora queda ser consecuente, aunque no tengo ni la menor duda de que así es siempre.
  2. Nieves Mariño
    No soy capaz de ver vuestra web así que no sé cómo pude mi perro pasar el test de caracter

Leave a comment

*