Category Archives: Saídas

Aproximadamente cada dúas semanas o club organiza saídas dominicais para os socios e cans. Unha oportunidade única para socializar ás nosas mascotas e visitar con elas montes, lagos, praias… e todo o que vos apeteza.

Magosto 2011

Xa chegou o frío e como non, temos unha nova edición do Magosto do club. Como as cousas hai que facelas ben pensamos que o mellor lugar para celebrar o magosto é a terra das boas castañas, é dicir, Ourense. A isto hai que sumarlle o bo facer da delegación de Ourense que se están…
Máis

Saída Sequeiros-Sil

Dende a delegación de Ourense chega unha nova proposta para pasar unha fin de semana cos nosos cans no mes de outubro. As datas serian as da fin de semana do 14, 15 e 16 de outubro. O destino, os Sequeiros e o río Sil. O plan para a fin de semana é chegar á…
Máis

Ascensión ao monte Pindo

O próximo día 25 de setembro faremos unha saída MoBo na que levaremos a cabo a ascensión ao monte Pindo, seguindo o roteiro que vai dende a aldea de O Fieiro (concello de Mazaricos) ata a Moa, o punto máis alto da barreira montañosa (627 metros de altitude). (máis…)
Máis