Bos veciños

canadian kennel club logo

Ola a todos, como sabedes un dos obxectivos do club é conseguir a implantación do "Bos veciños". Este sistema está pensado para que, logo de que os nosos cans superen uns requisitos, podan gozar de vantaxes na cidade de residencia por ser un "Bo veciño". Un exemplo das probas que os cans terían que superar son as realizadas polo The Canadian Kennel Club, se queredes votarlle un ollo a un resumo de como o fan os canadenses aquí tedes.

The Canadian Kennel Club Good Neighbour Program

Os test que o dono e o can teñen que superar son 12 e son os seguintes:

• 1 Recibir ben a un descoñecido amistoso. Neste test o noso can ten que demostrar que pode estar en calma mentres que un descoñecido se nos achega, danos un apertón de mans e fala un anaco con nós.

• 2 Aceptar "cariños" educadamente. Aquí o can ten que ser capaz de sentirse en calma e sen medo cando un descoñecido o aloumiña na cabeza e no lombo.

• 3 Coidados e cepillado. Este test consiste en que un descoñecido cepilla un pouco ó noso can e examina un pouco as patas dianteiras e as orellas, logo dálle unha volta ó redor para votar unha ollada xeral do can. Mentres a nosa mascota ten que estar quieta e tranquila.

• 4 O paseo. Como o nome indica o noso can ten que ser capaz de pasear educadamente, todos sabemos que isto é un traballo de dous :-D, ademais o can tamén ten que comportarse ó ser paseado por un descoñecido.

• 5 Camiñar entre a xente. Pois iso, paseando entre peóns educadamente.

• 6 O can ten que atender ás ordes de sentado/deitado e saber quedarse quieto a certa distancia do dono.

• 7 Atender á chamada. O noso can ten que vir cando o chamemos dende unha distancia de polo menos 3 metros.

• 8 Logo de estar xogando co noso can temos que ser capaces, nós e can, de calmarnos e voltar a un estado de calma.

• 9 A reacción ante outros cans que estean paseando. Nada de votar a correr arrastrando ó dono para ir dicir ola a outros cans que están paseando educadamente.

• 10 Cando o noso can se enfronta a estímulos coma persoas en cadeira de rodas, unha bici, etc... ten que reaccionar de forma que aínda que lle chamen a atención non lle provoquen unha reacción temperamental.

• 11 O canciño ten que ser capaz de aceptar tranquilamente que queda ó coidado doutra persoa cando por exemplo o dono entra en algún sito e deixa ó can o coidado de alguén.

• 12 Esperando na porta, o noso can ten que saber esperar nunha porta como por exemplo cando entramos a polo pan.

Este é un resumen lixeiro, tedes o documento orixinal AQUÍ Agardamos que este artigo ilumine un pouco o camiño. Unha aperta!

No Comments Yet.

Leave a comment

*