Despois de varias rutas tipo MOBO (mochila bocadillo) queremos volver a demostrar as nosas dotes culinarias.
Por iso este Domingo 2 de Outubro faremos unha ruta cortiña (8 Km) por donde poderemos ver o edificio da Central Hidroeléctrica do Tambre, que é tamén o punto para comer, disfrutaremos do entorno da devesa de Nimo unha fraga que se extende ao longo do Río Tambre.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 30 de Setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
11 Responses